Sunday 28 de April de 2024

Exposición da carpeta Cenizas del amor– Ashes of love e conferencia de Xavier Seoane


Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Manuel Facal, está previsto a organización dunha serie de actividades de Homenaxe polo 80º aniversario do artista Manuel Facal e que se desenvolverán ata fin de ano.

O novo acto celebrarase o xoves día 28 de setembro, ás 20:30 horas no Espazo Casino 1889. Tomarán a palabra Xaime Díaz, Manuel Facal e o Alcalde de Carballo para inaugurar a exposición e dar a benvida ao público asistente e ao conferenciante.

A presentación do ponente correrá a cargo de Miguel Anxo Fernán Vello escritor e director da editorial Espiral Maior e do seu Foro, un novo espazo cultural asentado agora en Carballo. Nesta ocasión será Xavier Seoane o invitado para falar sobre o seu amigo nunha conferencia sobre a traxectoria artística de Manuel Facal. Na charla falará do seu longo percorrido creativo, o seu labor como gravador, a súa etapa de carpetas e libros de artista, da obra pictórica, a súa actividade teórica e algúnhas das súas aportacións máis recentes. O acto estará complementado con proxeccións audiovisuais de obras seleccionadas e ao rematar haberá un pequeno coloquio entre todos os asistentes.

Na mesma sala realizarase a Exposición dos 14 gravados de Manuel Facal que forman parte da carpeta titulada Cenizas del amor – Ashes of love, datada no ano 1985 e feita en colaboración cos grandes poetas dunha xeración irrepetible como son José María Álvarez, Juan Gil Albert, Jaime Gil de Biedma, Pere Gimferrer, Félix Grande e Luis Antonio de Villena. As obras foron adquiridas pola organización co gallo da homenaxe e para que formen parte dos fondos da Fundación.

Xavier Seoane Rivas. A Coruña, 1954. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos “A Carón” e “Galga”. Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Correo Gallego, Microfisuras, etc. Foi un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina,